Sendeirsmo nocturno por Nigrán
A Comisión de Festas de As Angustias organiza para o vindeiro sábado 25 de maio unha xornada de sendeirsmo nocturno pola ruta circular dos Mouros, na parroquia de Parada. O punto de encontro será o Torreiro de As Angustias ás 21.00 horas, con calzado cómodo, linterna, cena e bebida, para realizar o paseo de dificultade media-baixa durante un tempo estimado de tres horas.











