publicidade hoxe

Seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia na Aula CeMIT de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

A aula CeMIT do Concello de Verín, co obxecto de achegar as novas tecnoloxías da información e comunicación aos/ás verinenses, pon a súa disposición, de modo gratuíto, a posibilidade de participar nos seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), un centro referente tecnolóxico en Galicia.

Devanditos seminarios impartiranse a través dun sistema de videoconferencia, instalado na aula CeMIT de Verín, para evitar que os/as interesados/as non se teñan que desprazar ata Santiago de Compostela. O primeiro deles será o de ‘Virtualización e alta dispoñibilidade en Linux’ o 23 de maio, de 9.30 a 13.30 horas.

Para participar nos devanditos seminarios, destinados a mellorar o coñecemento das tecnoloxías e así reducir a brecha dixital, é necesario inscribirse na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11, porta 11) ou no seguinte enlace http://cemit.xunta.es. No caso de querer seguilo de modo presencial, en Santiago de Compostela, será necesario inscribirse na web do CNTG https://cntg.xunta.es

9 de maio de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.