publicidade hoxe

Seminario “A aventura de crear un xogo. Ferramentas de desenvolvemento e lanzamento dun proxecto” na aula CeMIT de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O martes 04 de xuño, na aula CeMIT do Concello de Verín impartirase o seminario gratuíto ‘A aventura de crear un xogo. Ferramentas de desenvolvemento e lanzamento dun proxecto’, programado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

O mesmo, de 9.30 a 13.30 horas, terá lugar a través dun sistema de videoconferencia instalado na aula CeMIT de Verín, para evitar que os/as interesados/as se teñan que desprazar ata o propio CNTG, situado en Santiago de Compostela e que promove o achegamento das novas tecnoloxías da información e comunicación aos/ás verinenses.

A xornada constará de dúas partes: unha primeira parte na que se amosará o pasado, presente e futuro dos videoxogos independentes e as ferramentas para o seu desenvolvemento; e unha segunda, dirixida a trasladar aos/ás asistentes os acertos e erros á hora de lanzar un proxecto internacional.

Para participar neste seminario é necesario inscribirse na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11, porta 11) ou no seguinte enlace http://cemit.xunta.es. No caso de querer seguilo de modo presencial, en Santiago de Compostela, será necesario inscribirse na web do CNTG https://cntg.xunta.es

30 de maio de 2013 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.