publicidade hoxe

Segunda Carreira pedestre do Concello de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVimianzo
A-
A+

07052013-15O alcalde de Vimianzo e o técnico municipal de deportes presentaban hoxe a 2ª Carreira pedestre Concello de Vimianzo que terá lugar o domingo día 26 de maio. A presentación comezaba polo propio cartel da Carreira que está feito cunnha foto da primeira carreira pedestre, celebrada no mes de agosto do ano pasado cunha participación total de 150 atletas.

Manuel Antelo facía referenza á importancia das actividades deportivas que se desenvolven desde o Concello, no sentido de fomentar o desenvolvemento dunha vida sá, de compañeirismo e deportividade, valores tan necesarios na sociedade actual O concello leva a cabo unha completa programación contínua para pequenos e maiores durante os meses de inverno e actividades puntuais que cintan cun grande éxito de participacións como o Duatlón de Reis, o Día da Bicicleta ou a Xira BTT, sen esquecer o elevado número de usuarios e usuarias do Ximnasio Municipal. O alcalde de Vimianzo quixo agradecer tamén a colaboración de establecementos de Vimianzo que colaboran na 2ª Carreira Pedestre: Clínica Vimianzo Saúde, Viraxes, Gerca, Induplan, Electra del Gayoso,  Imprenta Breogán, Vimber, Pérez Rey, Publisoneira, Celme, Casa Sabina, Ferretería Alvarellos  e Ferretería Tres Chaves; así como a das persoas voluntarias que colaborarán o propio día da carreira.

O técnico de deportes centrouse no desenvolvemento da carreira, que conta con varias categorías: pre-benxamín (300 m), alevín (700 m.), infantil (1,2 Km.), cadete (2,2 Km.), xuvenil (2,2 Km), absoluta, junior promesa, senior, M40 e M50 (10 Km.). As carreiras comezarán ás 10.30 horas, desenvolvéndose por categorías ata as 12 que será a carreira absoluta. Ás 13 horas está prevista a entrega de trofeos na praza do concello, con trofeos aos 3 primeiros clasificadosen cada unha das categorías e dúas mencións especiais: torfeo ao corredor de máis idade e trofeo ao mellor clasificado / clasificada do concello de Vimianzo (empadroados ou nacidos no mesmo). Víctor Santos lembraba que a inscrición está aberta, tendo que inscribirse os participantes na categoría absoluta a través da web www.championchipnorte.com ata o día 22 de maio. O prezo da inscrición é de 2, €. Aqueles atletas que non teñan chip en propiedade terán que pagar 1 € máis polo alugueiro. Os demais participantes poderán inscribirse en deportes@vimianzo.es ou na oficina de deportes do concello de Vimianzo.

7 de maio de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.