publicidade hoxe

Segue aberta a inscrición para o I Campamento de inmersión lingüística de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Xuventude que dirixe Ignacio Troncoso, pon en marcha o 1º campamento de inmersión lingüística para mozos/as de entre 12 e 17 anos.

Hi!! Filming Gondomar Camp é un campamento de lecer e tempo libre en inglés para a mocidade preferentemente do Concello de Gondomar, cun dobre obxectivo. Por unha banda,  mellorar o uso dun idioma distinto ao propio, sendo este un dos piares fundamentais dos sistemas educativos actuais; mentres que por outra parte, busca ofrecer un espazo de ocio educativo, cultural e creativo no que os mozos e mozas do Concello ocupen o seu tempo de lecer de vacacións.

O campamento desenvolverase do 15 ao 29 de xullo, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Por un custe de 30 €, os participantes poderán gozar con multitude de actividades relacionadas co mundo do cine onde eles mesmos serán directores, guionistas, cámaras, actores principais, presentadores, entrevistadores, deseñadores, etc.

 O prazo de inscrición rematará o vindeiro 1 xuño. Para calquera dúbida os/as interesados/as poderán dirixirse á OMIX do concello no teléfono 986.369.746.

24 de maio de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.