Santiago uniuse aos actos do Día Nacional do Celíaco con mesas informativas na praza do Toural

Posto de información na Praza do Toural
A concelleira de Benestar Social, María Castelao asistiu na praza do Toural aos actos que se celebraron con motivo do Día Internacional do Celíaco. O Concello sumouse á conmemoración do día do celíaco participando nas actividades de difusión, asesoramento e información sobre esta enfermidade. Ademáis tamén se degustou un menú sen glute.
Para os que queiran saber máis sobre esta enfermidade durante toda a xornada estará instalada unha mesa informativa nesta praza.
Os actos xa deron comezo o sábado cun encontro de confraternización que tivo lugar no IES de Fontiñas no que participaron membros das asociación de celíacos de toda Galicia e na que tamén participou o concelleiro Luis Meijide.











