publicidade hoxe

Santiago de Compostela incorpórase á Asociación de municipios do Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, presentou en rolda de prensa o acordo polo que se decide adoptar a participación de Compostela nesta Rede de irmandade xacobea. O 25 de novembro de 2011, á iniciativa da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Jaca, asinouse nesta cidade a adhesión de varios concellos ao Protocolo para a constitución do Observatorio Xacobeo. Astorga, Burgos, Logroño, Jaca, Pamplona e Santiago de Compostela foron as primeiras. Dende entón e ata o de agora sumáronse Estella-Lizarra, Sarria, Portomarín, Ponferrada, Mansilla de las Mulas, Sangüesa e León, sendo un total de 13 cidades.

A finalidade deste Observatorio Xacobeo é a de crear un espazo de encontro e de desenvolvemento que sexa común a todas as cidades que foron nacendo o longo do Camiño de Santiago. Persegue a creación dunha nova cultura xacobea da cooperación intermunicipal, máis aló dos límites autonómicos e tendo por protagonistas ás administracións locais.

O Pleno de mañá ten previsto aprobar os Estatutos e a adhesión do Concello á Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

29 de maio de 2013 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.