Santiago acolle a Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
O alcalde e o presidente da Xunta chegando a Xornalismo

O alcalde e o presidente da Xunta en Xornalismo

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Xornalismo á apertura da 31ª Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais, que reune a directivos de televisións públicas de 25 países europeos. No acto tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Esta cita da CIRCOM (European Association of Regional Television) está organizada pola Televisión de Galicia (TVG), baixo o lema “O camiño a seguir” (The way forward). As sesións de traballo do auditorio na Facultade de Comunicación de Santiago centraranse nos temas de xestión estratéxica, produción de televisión, xornalismo e futuras tecnoloxías da comunicación. Os executivos dos medios tamén estudarán proxectos de coproducción e cooperación, actividades de capacitación e as oportunidades que se presentan para o futuro da televisión rexional.

CIRCOM Rexional é a rede das emisoras de TV rexionais públicas en Europa e conta con máis de 250 estacións asociadas en 34 países.

9 de maio de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.