publicidade hoxe

Sancristán e Riobóo avanzan para que o aforro que supoñerá o novo goberno destinarase a servizos sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
Reunión de Sacristán e Riobóo

Reunión de Sacristán e Riobóo

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o ata agora voceiro de APdC, José Ramón Riobóo, mantiveron durante a mañá de hoxe unha primeira e larga reunión de traballo tras a integración desta formación no PSOE. Como avanzara onte o rexedor, o goberno municipal estará conformado polos 13 edís socialistas, unha ampla maioría que fai carecer de sentido un pacto con outra forza política.
Así llo anticiparon onte Sancristán e o secretario xeral do PSOE de Culleredo, Diego Taibo, a a voceira do BNG, Raquel Jabares. O alcalde tamén llo transmitiu ao concelleiro do BNG Isidro Taibo, dado que non tiña coñecemento diso horas despois de comunicarllo a
a voceira do seu grupo.

Os servizos administrativos municipais xa tramitan as resolucións de alcaldía pola que se retiraranos as competencias aos tres concelleiros nacionalistas. Recibirán as devanditas resolucións mañá pola mañá.

Sancristán e Riobóo avanzan tras a reunión que o novo goberno local será “máis barato” para os cidadáns de Culleredo. Aínda que a configuración do grupo de goberno se concretará de forma definitiva nos próximos días, a contía polas dedicacións dos edís e as
indemnizacións por asistencia reducirase con respecto ao anterior equipo de goberno.

O aforro nesta partida irá destinado a servizos sociais, anuncian. Sancristán e Riobóo han coincidido en sinalar esta área como “prioridade absoluta” para o goberno municipal, dada a necesidade de apoio e axuda que teñen moitos veciños. De feito, anuncian que o incremento presupostario para servizos sociais non se limitará a este aforro nos salarios e axudas da corporación, senón que tamén se reservará parte do remanente positivo co que conta a tesouraría do Concello.

Outro dos puntos acordados na reunión consiste na competencia desta área de servizos sociais. A concelleira Lupe Pombo será o seu titular. Trátase dunha profesional do ámbito, con gran cualificación profesional e académica para asumir un cargo de máxima importancia para o novo goberno.

Sancristán e Riobóo acordaron tamén a designación da portavocía do goberno local. Recaerá no concelleiro Diego Taibo, quen xa a asumía ata agora. Mesa de contratación e primeira reunión do novo goberno Tras a reunión, Sancristán e Riobóo asistiron á mesa de contratación convocada polo Concello. Na orde do día estaba a apertura dos sobres correspondentes ás ofertas económicas das 51 empresas presentadas ao concurso do plan de actuacións DTC-94. A pesar de que este órgano conta con representantes de todos os grupos políticos, á reunión de hoxe non acudiu ningún do BNG nin do PP.

Mañana continuará a dinámica de traballo que cimentará o novo goberno local. Sancristán e Riobóo estudarán pola mañá as actuacións máis necesarias para o municipio. Pola tarde, celebrarase a primeira reunión de traballo dos 13 concelleiros que integrarán o equipo de goberno.

8 de maio de 2013 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.