Salvaterra de Miño xa ten gañadores do concurso de marcapáxinas das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

O pasado martes, 7 de maio, reunironse no Concello de Salvaterra de Miño, os representantes do Cra A Lagoa, do CEIP de Leirado, do CEP Carlos Casares de Alxén e a Tenente Alcalde do Concello para a selección dos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado co gallo das Letras Galegas.

Os nove gañadores, tres por centro, recibirán o seu agasallo o próximo venres día 10 no Parque Público A Canuda, actividade que se enmarca dentro da programación das Letras Galegas. Ese día a partir das 10.00h, ademáis da entrega de premios aos gañadores, teremos exposición de traballos, actuacións dos Centros Escolares e animación.

E o xoves 16 todos os interesados poderán desfrutar da película de animación O Apostolo no salón da Casa de Cultura ás 17.00h.

Ademáis do 13 ao 17 de maio poderemos desfrutar no Salón da Casa de Cultura da exposición do Día das Letras, que versará sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño, e onde estarán tamén expostos os traballos dos Centros Escolares do Municipio que se presentaron ao concurso dos marcapaxinas.

8 de maio de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.