publicidade hoxe

Salceda realizará a súa próxima andaina de Coñece o teu Entorno en San Xurxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a coñecer a parroquia de San Xurxo a través da VII Andaina de Coñece o teu Entorno, o vindeiro sábado 11 de Maio. A camiñata que leva por título Camiñando por San Xurxo, terá inicio no Centro Cultural de San Xurxo ás 10:00 da mañá, para rematar no mesmo punto de partida.

Un total de 13,6 km será o percorrido proxectado para realizar neste encontro, onde os camiñantes terán un punto de avituallamento na metade do percorrido. Para inscribirse ao envento, os participantes non terán máis que entrar na páxina web do Concello: www.salcedadecaselas.es, onde accedendo á Concellaría de Medio ambiente, en Roteiros Coñece o teu Entorno. Para calqueira dúbida poderán acudir tamén á Casa da Cultura ou á Casa do Concello, onde se lles realizará a inscripción.

Xa son moitas as persoas que están a participar nos Roteiros de Coñece o teu Entorno, e San Xurxo é a parroquia que pecha o primeiro ciclo destas Andainas que nos permitiu pasear por cada unha das parroquias do noso Concello.

Será en Setembro cando volveremos a retomar os Roteiros de Coñece o teu Entorno, facendo a parada estival, e regresaremos con mais andainas que percorren moitas partes da nosa xeografía que aínda están sen percorrer.

Candido Lorenzo,concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural asegura que “É unha satisfacción contar coa presencia de tantas persoas que asisten regularmente aos nosos Roteiros, e que incluso demanden que se realicen máis”.”Teño que agraceder a s persoas que participaron na elaboración deste percorrido, sobre todo a Máximo Martínez, veciño de San Xurxo pola súa gran colaboración
nesta Andaina”.

6 de maio de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.