Ruta Montefurado – Quiroga o 2 de xuño
A causa do mal tempo e a neve que hai nos Ancares a día de hoxe e en vista da previsión meteorolóxica para esta semana (cota de neve de 1200 a 1800 metros desde o martes ata o venres. O Piornedo está a 1300 m. e o Mustallar a 1935 m.), substitúese a ruta de sendeirismo nos Ancares pola cancelada en febreiro de Montefurado a Quiroga.
2 de xuño. Montefurado – Quiroga. 18.2km. Dificultade baixa.
saída ás 8:00h. de Meira (Pza. Maior)
Parada en Lugo ás 8:30h para recoller xente (Casa Grande de Nadela)
Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga: 9:45h. (40 min. aprox)
Comezo da ruta en Montefurado: 11:00h.
Café a medio camiño en Bendilló.
Chegada a Quiroga e xantar: +-15:30h.
Chegada a Meira: +- 20:00h (con parada previa en Lugo)
Haberá acompañamento de protección civil de Meira.
Prezo por persoa: 21€ (inclúe bus, xantar e entrada ao museo)
Imprescindible anotarse antes do 30 de maio na oficina de turismo de Meira, no tfno: 618.679.632 ou por mail: turismomeira@gmail.com