Ruta dos Encomendadoiros en Cabanas
O Concello de Cabanas en colaboración co club KDM Cabanas ten previsto realizar este próximo domingo, día 12 de maio, unha nova ruta de sendeirismo. Esta ruta forma parte da programación en conxunto que se ven levando a cabo dende o pasado mes de decembro, consistente na realización dunha ruta mensual que sirva para poñer en valor o patrimonio natural e histórico do municipio.
Nesta ocasión a ruta servirá para coñecer un pouco máis a zona das Fragas do Eume, na coñecida como Ruta dos Encomendadoiros. O punto de encontro para os participantes será na Alameda do Río, cerca do Centro de Interpretación das Fragas do Eume, ás 10:00 horas para rematar no Refuxio A Figueira. A súa duración aproximada será de tres horas e a súa dificultade baixa.
As persoas interesadas en tomar parte nesta ruta de sendeirismo ou que desexen recadar máis información acerca da mesma poderano facer no departamento de cultura e deporte do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.











