Ruta a Pico Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

O Concello de Cabanas en colaboración co club KDM Cabanas ten previsto realizar este próximo domingo, día 2 de xuño, unha nova ruta de sendeirismo. Esta ruta forma parte da programación en conxunto que se ven levando a cabo dende o pasado mes de decembro, consistente na realización dunha ruta mensual que sirva para poñer en valor o patrimonio natural e histórico do municipio.

Nesta ocasión a ruta servirá para coñecer un pouco máis a zona alta de Cabanas, transcorrendo ata o Pico Castro. O punto de encontro para os participantes será no antigo campo de fútbol da Praia da Madalena, ás 10:00 horas. A súa duración aproximada será de tres horas e a súa dificultade baixa.

As persoas interesadas en tomar parte nesta ruta de sendeirismo ou que desexen recadar máis información acerca da mesma poderano facer no departamento de cultura e deporte do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

31 de maio de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.