Roteiros por Vilarmaior
A Asociación Roxin Roxal organiza unha serie de roteiros que transcorren por Vilarmaior. A inscripción é gratuíta.
Domingo 5 de maio. A ribeira do Navia pola Fonsagrada
Saída do autocar ás 8.15 horas da Zona Centro de Saúde en Betanzos
A paisaxe de montaña acompaña este roteiro, no que faremos un percurso pola historia e a natureza desta bisbarra. Guiados por coñecedores locais, visitaremos zona da Fornaza, a Seimeira e o Museo Etnográfico da Fonsagrada, xunto con vellas ferrarías, muíños, minas, fundicións e a singular ‘carretera da República’, unha obra a medio rematar por causa da guerra civil. Prazas limitadas, prioridade socios/as. Anotarse até cinco días antes en roxinroxal@yahoo.com. Transporte + xantar: Socios/as 24€. Non socios/as 30€. Nenos/as 15€
Domingo 26 de maio. De Andrade ao Baxoi por terras de Vilarmaior
Ás 9.15 horas dende a Casa do Concello de Miño
Percurso medieval e paisaxístico polo concello de Vilarmaior, que inclúe a visita ao Castelo de Andrade, á igrexa románica de Doroña e ás
paraxes naturais do río Baxoi. Rematará na granxa O Cancelo, un interesante proxecto local de explotación láctea. Actividade aberta:
non fai falta anotarse previamente. Levar comida.
Domingo 9 de xuño. Roteiro do río da Fraga Muíños no Morrazo
Saida do autocar ás 8.15 horas da Zona Centro de Saúde en Betanzos
Máis de trinta muíños inzan o río da Fraga no concello de Moaña, que percorreremos acompañados do musicólogo Xabier Blanco. Tamén visitaremos o dolme do Chan de Arquiña e o emblemático cruceiro de Hío, sito no Concello de Bueu. Prazas limitadas. Anotarse até cinco días antes en roxinroxal@yahoo.com, Prioridade socios /as. Transporte: 9€ socios/as. 12€ non socios/as. 5€ Nenos/as. Levar comida.