Roteiro polo val do río Alba, en Maio mes da lingua
A programación de Maio, mes da lingua, para esta fin de semana, e para o luns 27 é:
Domingo, 26 de maio
• Roteiro polo val do río Alba. Desde a avenida Domingo Fontán (diante da imprenta da Deputación). Ás 9.30h. A duración da actividade será de 4 horas. A súa dificultade é mediabaixa. Organiza a Asociación Cedofeita.
Luns, 27 de maio
• I Certame de Relato Curto, no salón de actos do Pazo da Cultura. Ás 19.00h. Organiza a FANPA (Federacion Provincial de Anpa de Centros Publicos de Pontevedra) e colaboran o Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.