publicidade hoxe

Ribadumia comeza esta semana con obras de mantemento dos parques infantís do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello levará a cabo labores de mantemento e reposición de xogos infantís nos parques da localidade. A través desta acción pretendese limpar e rehabilitar as pequenas deficiencias do parques destinados á infancia.

Estas tarefas permitirían continuar coa labor que o Concello de Ribadumia comezou hai uns anos, mantemento e limpeza e modernizáronse as instalacións. O ano pasado fixéronse labores de mantemento en todos os parques e adecuáronse á normativa galega de seguridade aquelas zonas que non cumprían cos requisitos, con valado das instalacións, coa superficie de caucho e xogos adaptados segundo as idades dos rapaces.

Ribadumia conta cun total de once parques infantís repartidos entre as seis parroquias. Segundo os datos do padrón municipal, hai un parque infantil por cada 40 rapaces de 2 a 10 anos. Segundo explica a alcaldesa Salomé Peña, “temos unha media nenos-parque máis baixa que a maior parte dos concellos, froita dunha política que aposta por achegar as zonas lúdicas infantís a todos os núcleos de poboación, independentemente de que sexan casco urbano ou rural”.

16 de maio de 2013 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.