publicidade hoxe

Ribadumia aposta na XLI Festa do Viño Tinto do Salnés pola exaltación ao viño de Barrantes, a gastronomía e os concertos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia e a Asociación de Viticultores Viño Tinto do Salnés presentaron hoxe a programación da XLI Festa do Viño Tinto que se celebra o vindeiro fin de semana en Barrantes, do 31 ao 2 de xuño.

A festa inaugúrase o venres, coa apertura dos stands de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonas ás 13.00 horas. Os visitantes poderán disfrutar da última colleita nos once postos de venta de viño. A cata previa para seleccionar aos colleiteiros garantirá que na carpa principal da festa se reúnan os mellores tintos da tempada. A noite pecharase coa actuación das orquestas POCEIRO e EL COMBO DOMINICANO.

O sábado comezará en Barrantes coa actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e dos Danzantes de Cobas. Estes últimos actuarán na Carballeira de Barrantes durante a cata final dos viños seleccionados, que comeza ás 12.15 horas. Será momento de que a Honorable Orde invista aos seus valedores deste ano, entre os que se atoparán persoas que pola súa traxectoria persoal ou profesional colaborasen na promoción e difusión do viño tinto de Barrantes e da súa festa. Así, nomearanse valedores a Monica Irago  Sobrino, xornalísta gráfica Rosa Díaz Ortigueira, Restauradora,  Abel Fernandez Barandela, Pintor Juan Carro Tourís, Adegueiro.

O pregoeiro desta corenta edición da festa será o actor e monologuista galego Pepe Suevos, . Tras o pregón, os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de viño tinto, pan de millo e chourizo.

A comida oficial, na que se dan a coñecer os colleiteiros gañadores desta edición da festa, contará coa participación de preto de 500 persoas, que compartirán mantel no Pavillón Municipal de Barrantes. Alí tamén se entregarán os premios do Concurso Camisetas. A tarde do sábado está destinada para os nenos, coa Festa Infantil na Praza do Concello, na que se mesturan animación, inchables e festa da espuma, mentres que pola noite a música correrá a cargo das orquestras Costa Oeste e Marbella. Pola súa parte, Panorama subirá ao escenario da Carballeira de Barrantes o domingo, como peche da festa.

Domingo

Pero non o farán sen antes disfrutar dun domingo no que a programación combina deportes e cultura. A xornada amanecerá ás 9.30 horas coa II Ruta BTTInto, que percorre os montes e camiños forestais de Ribadumia e de Meis, e na que participan preto de 1.200 persoas. Xa pola tarde entregaranse os premios do II Curso Escolar de Comic e Historietas da Festa do Viño Tinto do Salnés, na Praza do Concello. Ao rematar, comezará o tradicional fetival de bandas.

Para acoller a todas esas persoas que o Concello de Ribadumia espera que visiten Barrantes esa fin de semana, estanse acondicionando varios aparcamentos gratuítos en fincas cedidas polos veciños de xeito totalmente desinteresado. Así, atoparán aparcamentos nas principais entradas a Barrantes.

28 de maio de 2013 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.