publicidade hoxe

Rianxo acollerá a representación da obra “Días sen Gloria” o sábado 1 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

As propostas a desenvolver esta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Mércores 29 de maio
20.30 h – Auditorio de Rianxo
CHARLA-COLOQUIO SOBRE A BANCA ÉTICA “O DIÑEIRO AO SERVIZO DA TRANSFORMACIÓN SOCIAL”.”O diñeiro ao Servizo da Transformación Social”, coa presentación das experiencias galegas de finanzas éticas O PETO, FIARE-BPEGALICIA e Coop57Galiza.

Sábado 1 de xuño 
21.00 horas – Auditorio de Rianxo
TEATRO: “Días sen Gloria”  a cargo do Centro Dramático Galego.

Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael Dieste e estreada por Teatro do Aquí en 1993, incorpórase agora ao repertorio da compañía pública como exemplo da madurez dramatúrxica de Roberto Vidal Bolaño e pola súa significación como un dos mellores expoñentes do seu universo estilístico.

A obra está dirixida por Fefa Noia e conta co seguinte elenco de actores e actrices: Borja Fernández, Manuel Manquiña, Felisa Segade, Eva Souto e Sergio Zearreta.

As entradas, terán un custe de 5 €, e poderán retirarse unha hora antes do comezo da función

Ademais informase que ata o 7 de xuño está aberto o prazo de incrición no Certame Musical INTERITMOS, que está destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais. Está organizado pola Asociación de Desarrollo Local DELOA coa colaboración de diferentes entidades como o Concello de Rianxo. O día do festival-audición será o sábado 15 de xuño, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo.

24 de maio de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.