publicidade hoxe

Rey Varela presidirá este domingo o centenario da inauguración do tren Betanzos-Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá pasadomañá domingo os actos conmemorativos do centenario da inauguración do ferrocarril Betanzos-Ferrol, de cuxo comité organizador é presidente. Ademais do primeiro edil da cidade, ao acto asistirán o director general de Ferrocarriles, dependente do Ministerio de Fomento, e o director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Jesús Miguel Pozo de Castro e Miguel Rodríguez Bugarín, respectivamente.

O programa do acto, que comezará na Estación de Ferrocarril de Ferrol e inclúe unha viaxe en tren histórico até Betanzos, é o seguinte:

–       11.40 h. Actuación da Banda Ferrolá de Música e descubrimento da placa conmemorativa.

–       11.50 h. Intervencións das autoridades.

–       12.10 h. A Banda Ferrolá de Música interpreta a peza titulada “El tren de la felicidad” de Gregorio Baudot.

–       12.45 h. Viaxe en tren histórico, con paradas nas estacións de ferrocarril de Neda, Perlío, Cabanas, Pontedeume e Miño.

–       14.08 h. Chegada á Estación de Ferrocarril de Betanzos: con descubrimento de placa conmemorativa, intervención das autoridades e actuación da Banda de Gaiteiros de Betanzos.

–       14.30 h. Fin dos actos conmemorativos.

3 de maio de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.