Rey Varela formaliza a colaboración económica con cinco clubs deportivos de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+
Sinatura dos convenios

Sinatura dos convenios

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, formalizou hoxe as achegas económicas para a presente temporada que o Concello de Ferrol concede aos clubs de baloncesto Universitario Ferrol, CD Recimil e Basketmi, así como aos equipos de fútbol sala feminino Valdetires e A Fervenza. Unha contribución económica que quedou pechada coa firma dos convenios nominativos cos responsables de cada unha destas entidades deportivas, e que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial coa presenza da concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.

Rey Varela sinalou que “a pesares dos complicados momentos económicos actuais, o desexo e aspiración do Goberno Municipal é manter as nosas colaboracións cos clubs da cidade”. Ao fío disto, o primeiro edil recoñeceu o “maior nivel de esforzo que os clubs teñen que facer nas actuais circunstancias económicas para seguir adiante coas súas actividades, pero non queda outra que tentar facer máis con menos”. Por último, o alcalde desexou sorte aos equipos que continúan disputando a temporada e moitos éxitos nos seus próximos compromisos e de cara á próxima campaña.

No que atinxe as contías económicas asinadas con cada un dos clubs, estas son:

–  Universitario Ferrol:……. 72.675 euros.

– Valdetires F.S:…………… 24.225 euros.

– Recimil C.D………………..11.305 euros.

– A Fervenza F.S…………..  8.000 euros.

– Basketmi……………………   4.845 euros.

23 de maio de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.