Rematan as Xornadas Rosalía de Castro e Nós coa participación de Pilar García Negro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Este luns conclúen as Xornadas Rosalía de Castro e Nós coa intervención da profesora Pilar García Negro que falará ás 20.30 horas na sede do Casino Mercantil de Pontevedra.

García Negro é profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que
desenvolve a súa actividade profesional. Este ano 2013 publicou Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro na editorial Alvarellos. Desta obra afírmase na propia web da editorial que leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea.

“O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares… desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre
socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.

Pilar García Negro vai ser presentada pola concelleira Anxos Riveriro.

13 de maio de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.