Remata o zafarrancho en Conde Bugallal e na rúa da Parda
A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza da área urbana do municipio. Limparase a avenida de Conde Bugallal e a rúa da Parda, nas súas marxes esquerdas.
Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en
toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.
A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.