publicidade hoxe

Recoñecemento municipal a unha nova temporada de éxitos do Arteal Tenis de Mesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSantiago de Compostela
A-
A+
Foto de grupo no salón vermello

Foto de grupo no salón vermello

O alcalde compostelán, Ángel Currás e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron os integrantes do club Arteal Tenis de Mesa. O encontro no salón vermello foi unha oportunidade máis para recoñecer o traballo e os éxitos do Arteal, que vén de rematar a temporada tanto na Superdivisión Masculina como na Feminina.

No ano no que celebra o seu 25º aniversario, o club logrou un terceiro posto na Superdivisión Masculina, a súa mellor clasificación histórica nesta categoría. O equipo feminino un sétimo posto na súa primeira participación na máxima categoría do tenis de mesa nacional.

7 de maio de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.