Recepción municipal aos deportistas coruñeses campións nacionais de boxeo

Recepción aos deportistas
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira recibiu esta mañá a Iván Sánchez ‘Dinky’ e Xesús Ferreiro ‘Cachorro’, coruñeses campións nacionais de boxeo nas categorías superwelter e semipesados, respectivamente. Iván Sánchez fixo entrega dun dos seus seis cintos ao Concello.











