publicidade hoxe

Recepción aos veciños do proxecto de recuperación da toponimia do rural “Chamámonos así”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ofrecerá esta tarde ás 20.30h unha recepción ós veciños e veciñas colaboradores no proxecto de recuperación da toponimia do rural “Chamámonos así”. O acto, que tamén contará coa presenza do concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra.

As oito parroquias de Lourizán, Salcedo, Tomeza, Marcón, Mourente, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido foron convocadas para o agradecemento da recollida toponímica protagonizada por case 300 veciños colaboradores, que continúan a desenvolver a súa desinteresada labor coa lingua galega.

Unha representación da Banda de Música de Salcedo interpretará pezas do repertorio tradicional galego para amenizar o acto.

29 de maio de 2013 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.