Radio Marca emite mañá dende Vilagarcía de Arousa o seu programa de deportes “El intermedio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O programa radiofónico de deportes “El Intermedio” de Radio Marca emitirase mañá pola tarde dende o salón de plenos do Concello con motivo da presentación a nivel estatal do XVIII Arousa Fútbol 7. A realización en Vilagarcía do programa que habitualmente se emite dende Madrid responde ás xestións realizadas pola asociación deportiva Arousa Fútbol 7 para promocionar o evento. A emisión será aberta ao público.

O programa “El Intermedio” emitirase mañá dende o salón de plenos do Concello para toda España. Serán tres horas de emisión en directo durante as cales o equipo de xornalistas desprazados dende Madrid entrevistarán aos responsables da organización do Arousa Fútbol 7, ao alcalde, Tomás Fole, e a concelleira de deportes, Elena Suárez. Tamén participarán no programa o secretario xeral de Deportes, Xosé Ramón Lete Lasa e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán.

O programa comezará ás catro da tarde e rematará ás sete. O equipo que se desprazará dende Madrid componse de 6 persoas: O subdirector do xornal Marca, Juan Ignacio Gallardo; o director de radio marca, Francisco García Caridad e os xornalistas David Sánchez, Raúl Santamaría, Alberto García e Roberto Gómez.

20 de maio de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.