Publicación do bando para a limpeza de soares no municipio do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño vén de publicar o bando relativo á limpeza de soares e terreos no territorio municipal. Esta limpeza deberá estar realizada antes do próximo 1 de xullo, polo que se solicita todos os veciños procedan a esta nas propiedades incluídas neste bando. Dende o concello recórdase que esta obriga do propietario está incluída nas medidas preventivas contra incendios recollidas na lei de prevención e defensa contra os incendios do 2007.

En caso de que o propietario non realizase esta limpeza no prazo antes sinalado, o concello realizará subsidiariamente os traballos de limpeza, recaendo o prezo destes traballos no titular dos terreos.

15 de maio de 2013 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.