Proxecto RETALER II Charlas formativas sobre aforro e eficiencia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal
A-
A+

O vindeiro 15 de maio celebrarase no Museo do moble e da Madeira de A Estrada as 19:00 unha charla formativa sobre aforro e eficiencia enerxética.

Esta iniciativa formativa de carácter medioambiental terá lugar grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de A Estrada e a Asociación de consumidores e Amas de casa. A acción formativa enmárcase dentro das actividades de formación e divulgación medioambiental do proxecto RETALER II Rede Transfronteiriza de Autoridades Locais en Enerxías Renovables do cal a Deputación de Pontevedra é socio membro xunto con outras dazaseis entidades españolas e portuguesas.

As charlas amosarán aspectos claves sobre o sistema enerxético e a sustentabilidade, centrándose na comprensión das facturas enerxéticas, as distintas tarifas e modalidades de consumo. Esta charla terá unha compoñente eminentemente práctica analizando os distintos termos dunha factura eléctrica doméstica, o xeito de facer reclamacións e aconsellando hábitos para lograr a eficiencia e a redución do consumo.

Estas charlas serán impartidas por conferenciantes da Fundación Galicia Sustentable, entidade cunha grande experiencia na organización de este tipo de actividades formativas no eido ambiental e organizadores do evento internacional TeDx en Galicia.

Con esta actividade formativa amósase unha vez máis o compromiso da Deputación de Pontevedra co aforro e a eficiencia enerxética apostando pola formación como mellor ferramenta para acadar o éxito nos nosos obxectivos medioambientais.

13 de maio de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.