Protección Civil de Ferrol participara nun simulacro de incendio con feridos no complexo hospitalario Novoa Santos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol, Pablo Cal Martínez, informou que mañá xoves día 30 a Agrupación de Protección Civil participará nun simulacro no Novoa Santos. Ademais deste corpo de voluntarios  no mesmo intervirán o Servizo de Urxencia e Emerxencias Sanitarias, a Fundación Zonas Cardio e o servizo de emerxencias externo 112.

O operativo comezará ás 18:00 horas e consistirá na simulación dun incendio de grandes dimensións, a través dunha máquina de fume, que obrigará ao desaloxo do edificio. Así, ao redor de 15 feridos serán atendidos como exercicio e práctica de fin do curso de sanitarios e celadores que se imparte en dito centro. O alumnado poderá ver o funcionamento real ante unha emerxencia deste tipo, con limitación de áreas de seguridade, control de incendio, retirada de feridos da zona de perigo, valoración e estabilización en hospital de campaña e carrusel de ambulancias gracias ao servizo de emerxencia externo que se desprazará ata o simulacro.

29 de maio de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.