publicidade hoxe

Propostas culturais en Rianxo do 8 ao 11 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Propostas culturais que se desenvolverán proximamente na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Mércores 8 de maio

16.30 horas – Escola de Rañó – Leiro
CLUB DE LECTURA INFANTIL DA ANPA DO CRA DE RIANXO
Sesión aberta a todas aquelas persoas que queiran participar. Tamén se fará un percorrido polos arredores da escola visitando os lugares singulares da parroquia. Organizado pola ANPA Irmáns Ínsua do CRA de Rianxo.

Venres 10 de maio

19.00 horas – Biblioteca Pública Municipal de Rianxo
LERCONTAMOITO: CONTOS DE SOBREMESA por Pablo Pablísimo.20.30 horas – Auditorio de Rianxo
CONCERTO: BOLERISTA EN VIAJE con Jamila Purofilin
As entradas para o concerto terán un custe de 5 €

Sábado 11 de maio 

20.30 horas – Auditorio de Rianxo
CONCERTO X ANIVERSARIO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.Concerto no que a Banda da Escola de Música de Rianxo interpretará a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij

8 de maio de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.