publicidade hoxe

Propostas culturais do Concello de Rianxo do 17 ao 19 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Propostas culturais que se desenvolverán proximamente na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Venres 17 de maio

Todo o día – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

Xornada TIC no Día da Internet. O Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo (GULIR) organiza, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha xornada sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación no Día da Internet.

Todo o día – Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
Festa para conmemorar o Día das Letras Galegas. Organizada polo Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

Todo o día – Campo de Pasos Taragoña
Festa de 1906 FEIRA ANTIGA. Organizada pola Asociación Festival Antrospinos

Sábado 18 de maio 

21.00 horas – Auditorio de Rianxo

MACRORECITAL DAS LETRAS GALEGAS”AO SON DAS LETRAS VIVAS” 50 rapsodas-50 escritor@s (galeg@s e viv@s). O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital  para o cal se pretende xuntar a 50 persoas que queiran subirse a recitar/ler durante un minuto, os textos de algún autor/a viv@ galeg@.

Se desexas participar desta iniciativa non tes máis que escoller texto, e anotarte no enderezo electrónico slam.arousa@gmail.com, enviando o teu nome completo e o nome do autor/a que decidiches. Cada rapsoda lerá un autor/a diferente polo que… apresúrate a escoller antes de que cho/a quiten!

Domingo 19 de maio 

20.30 horas – Auditorio de Rianxo

CONCERTO DE CLAUSURA DO II CURSO DE FLAUTA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Ademais tamén poden visitar a exposición de pintura de Manuel Lesende que estará no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo ata o 2 de xuño. 
Recórdaselle que a presentación do libro Faustino Rey Romero. Obra poética e filosófica a cargo de X. Ricardo Losada aprázase para o 21 de xuño, ás 20.30 horas.

16 de maio de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.