publicidade hoxe

Programa HP University

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXuventude
A-
A+

Convoca: Promovida pola compañía tecnolóxica líder Hewlett Packard, coa colaboración da Fundación Universidade-Empresa e da Universidade Francisco de Vitoria
Esta iniciativa ten por obxectivo proporcionar unha visión estratéxica e integradora do mercado IT a través dun intenso programa de formación en solucións tecnolóxicas, coñecementos empresariais e habilidades profesionais.
Os candidatos seleccionados recibirán unha bolsa de axuda ao estudo de 500 €. Os participantes que demostren un maior aproveitamento terán a oportunidade de incorporarse laboralmente a Hewlett-Packard, a nivel nacional, a partir de outubro de 2013.
50 prazas para estudantes de Matemáticas, Física, Enxeñaría Informática, de Telecomunicación, e Industrial, Administración e Dirección de Empresas, Economía, e Publicidade e Relacións Públicas de calquera universidade española que teñan previsto finalizar os seus estudos entre xuño e setembro de 2013, así como recén titulados nestas áreas que finalizasen os seus estudos a partir de maio de 2012 e conten cunha experiencia laboral previa dun máximo de 6 meses.
Destinatarios: Para optar a HP University é necesario posuír un nivel alto de inglés, un bo expediente académico, e unha idade máxima de 26 anos.
Data límite: Antes do próximo día 30 de xuño.

10 de maio de 2013 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.