Miguel Filgueira visita a iniciativa lúdica infantil “Un día xenial no Salgueiral”
O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Miguel Filgueira, asiste hoxe o programa de visitas guiadas sobre o rural para os máis cativos, celebradas dende o 8 de maio e ata mañá, venres 31.
A iniciativa, posta en marcha polo Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes do Salgueiral hai tres anos, mostra aos nenos as características únicas do rural galego da man de numerosos veciños do Salgueiral que abrirán a porta das súas casas para amosar o lagar, hórreo, alpendre, cortes, forno…
Asimesmo, e segundo explicaron o concelleiro Miguel Filgueira e o presidente da Comunidade de Montes, José Bravo, o obxectivo da actividade é pór en valor entre os propios vecinos, e tamén no resto do concello, o esforzó de recuperación do patrimonio histórico e natural do Almofrei.
O proxecto realizado con máis de 300 cativos de 2º, 3º e 4º de Primaria durante varias mañás (de 10h a 13.30h), propón un xogo interactivo que, mediante pistas, conducirá ós nenos a coñecer os cereais, as partes dunha casa tradicional ou a moida do gran.
Nesta ocasión, os nenos do CPR Sagrado Corazón de Praceres serán quenes disfruten dunha lúdica e formativa mañá no rural galego.