Prodeme pecha o Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

Mañá mércores día 15 de maio a asociación Prodeme será a encargada de pechar o ciclo de representacións do XXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino, organizado pola concellería de Educación e Cultura.

Este mércores día 15 de maio ás 20:00 h. na Casa da Cultura, mozos e mozas da asociación Prodeme porán en escena a obra titulada “¿Que facemos cos fillos?”.

Unha vez que remate a representación, arredor das 21:15 h., a concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, levará a cabo a entrega de diplomas e agasallos ós/ás participantes no Certame.

Os centros que participaron na XXII edición deste Certame que comezou o 23 de abril foron:

COLEXIO P. FERROVIARIO: “A voda do Comecocos”

CEE  INFANTA ELENA: “O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto”

CEIP DE MONFORTE: “O misterio dos Reloxos de Néboa”

CEIP A GÁNDARA: “Animaliños”

IES A PINGUELA: “A fábula da eco-no-mía”

ASOCIACIÓN INVITADA

PRODEME: “¿Que facemos cos fillos?”

14 de maio de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.