Primeira Edición do Campamento MUNCYT 2013 nas dúas sedes de Madrid e A Coruña do 24 xuño ao 30 de agosto
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) en colaboración co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a Primeira Edición do Campamento MUNCYT 2013 nas súas dúas sedes de Madrid e A Coruña.
O obxectivo dos campamentos científicos de verán MUNCYT é ofrecer unha experiencia educativa e lúdica relacionada coa ciencia aos participantes durante o seu período de ocio. O que se quere é fomentar o interese pola ciencia e o seu coñecemento nas súas aplicacións na vida diaria, incluíndo actividades deportivas e creativas con contidos científicos e tecnolóxicos. Ademais, desenvolveranse capacidades de relación, convivencia e traballo en equipo co resto de participantes, impulsando valores como o respecto e a tolerancia.
Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e desenvolveranse en dez quendas de luns a venres dende o 24 de xuño ao 30 de agosto en horario de 8.00 a 16.00 horas (inclúe almorzo e xantar).
Terán lugar nas sedes do MUNCYT de Madrid e A Coruña:
MUNCYT Madrid: Paseo das Delicias, 61. 28045 – Madrid
MUNCYT A Coruña: Praza do Museo Nacional, 1. 15011 – A Coruña
Esta primeira edición dos Campamentos de Verán MUNCYT conta con 25 prazas por cada semana e sede.
Para máis información:
Web: http://campamentos.muncyt.es/
E-mail: campamentos@muncyt.es











