publicidade hoxe

Preto de 300 inscritos na 2ª Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVimianzo
A-
A+

A incrición da segunda edición da Carreira pedestre do Concello de Vimianzo que terá lugar o domingo superou en máis do dobre a participación da primeira edición, na que participaron en total 150 atletas, sendo esta cifra os inscritos na presente edición só nas categorías de adultos. O Val de Vimianzo converterase o domingo na capital do atletismo da Costa da Morte, e o ambiente deportivo deixarase ver polas rúas desde ben cedo, xa que a mesa para recoller os dorsais estará aberta desde as 9.30 horas. Ás 10.30 comezará a primeira carreira, das categorías cadete e xuvenil, que realizarán un percorrido de 2,2 Km.; os seguintes en saír serán os infantís, ás 11.00, cun percorrido de 1,2 Km; ás 11.20 será a quenda dos alevíns, que deberán percorrer 700 m. e 300 m. será o percorrido dos benxamíns e prebenxamíns que comezarán ás 11.30. Ás 12 terá lugar a carreira das categorías de adultos (junior, senior, M40, M50), que realizarán un percorrido total de 10 Km. O campión da primeira edición da Carreira pedestre, Alberto Carou Carril, participará de novo para tratar de superar a marca de 34`45”, un reto para os demais participantes.

Arredor da unha do mediodía terá lugar a entrega de trofeos e medallas diante da Casa da Cultura, lugar onde estará situada a liña de saída e meta. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta, masculina e feminina, para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría, para a mellor marca vimiancesa e para o corredor de máis idade; e medallas para todos os participantes das categorías benxamín e prebenxamín.

24 de maio de 2013 | 22:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.