Presentación XVI Feira do Libro
Mañá mércores, 29 de maio, ás 11.00h vaise presentar na sala de reunións da Casa do Concello de Tui a XVI Feira do Libro Galego organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración das librarías Iris e Valverde de Tui, xunto á Librería Moderna e a Biblioteca Municipal de Valença. Esta feira, que foi aprazada a súa celebración o pasado 17 de maio polas previsións meteorolóxicas, terá lugar este sábado 1 de xuño.
A presentación correrá a cargo da concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, xunto a representantes das librerías participantes.











