Presentación do proxecto “Sinte Pontevedra”
A concelleira de Medio Ambiente, Anxos Riveiro, presentou esta mañá as novas actividades do programa medioambiental “Sinte Pontevedra”, que se está a desenvolver dende o primeiro trimestre do ano.
Esta iniciativa, refrendada por actividades previas como “Natureza sobre rodas” e as múltiples andainas realizadas dende o mes de marzo, ten por obxectivo axudar a coñecer e coidar o noso contorno natural.
Os novos obradoiros, roteiros, actividades litolóxicas, de observación astronómica, así como as gincanas xeolóxicas e o anelamento de aves e mamíferos… terán inicio o mes de maio e prolongaranse durante o outono cunha completa oferta de actividades lúdicas e formativas.
A concelleira Anxos Riveiro fixo fincapé no proxecto “Sinte A Xunqueira”, nado da recente declaración do Enil Xunqueira de Alba. Unha serie de actividades primaverais aportarán unha ampla visión da diversidade de este único emplazamento.
A inscrición a tódalas inciativas é de balde, e poderase realizar na Oficina de Medio Ambiente Natural (Rúa de Churruchaos, 2), no enderezo electrónico medionaturao@pontevedra.eu ou no teléfono 986 100 185.
Para acceder á programación pincha aquí.