Prazas de verán
O Concello de Cabanas, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, vai abrir o prazo para a convocatoria extraordinaria de prazas de verán para os meses de xullo e agosto no seu Punto de Atención á Infancia de As Viñas. O prazo para poder solicitar estas prazas rematará o día 28 de xuño. Buscase desta forma ofrecer novas alternativas e axudas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Os requisitos que deberán cumprir os nenos e nenas que opten a estas prazas de verán serán os de ter unha ideade comprendida entre os tres meses e os tres anos así como non ter estado matriculado en ningunha escola infantil ou punto de atención á infancia no mes inmediatamente anterior.
As persoas que estivesen interesadas en recadar máis información ou en formalizar a súa inscrición para estas prazas de verán poderán facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou ben telefonicamente no 981 49 59 59.











