Posta en valor do patrimonio etnográfico das sendas dos ríos Gafos e Batán
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá á solicitude ao programa europeo Leader unha subvención para financiar o proxecto para a valorización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo, por valor de 166.743,52 euros.
O proxecto pretende pór en valor o patrimonio histórico e etnográfico das sendas do río Gafos e do río Batán, esta última na parroquia de Salcedo, para rematar no lugar do Birrete.