Pontevedra recupera a Feira do Libro baixo o título “Pasen e lean”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A concelleira de cultura, Anxos Riveiro, e representantes da Federación de Libreiros de Galicia, presentaron esta mañá a programación para a Feira do Libro: “Pasen e lean”, que se celebrará entre os días 22 e 26 de maio na Praza da Ferraría.

As 14 librarías participantes ofertarán múltiples actividades culturais, orientadas a nenos e adultos, tales como contacontos, espectáculos de maxia, teatro, presentacións de libros e firmas de exemplares.

A inauguración terá lugar mañá mércores ás 19h na Praza da Ferraría, cunha actuación do grupo musical tradicional “Os Alegres” e un espectáculo cómico-musical da man de Ratman & Bobyn. Antonio Fernández, coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, agradeceu a maioritaria solicitude de participación das librarías pontevedresas, das que algunhas non puideron ser aceptadas por cuestións de espazo.

A Feira do Libro, ausente na cidade de Pontevedra dende hai 9 anos, aspira acoller a centos de apaixoados da lectura na presente edición, por
medio dunha extensa oferta de xéneros literarios: infantil, narrativa, arte…

Por primera vez, tamén terán representación na Feira os libros electrónicos, futuro da literatura neste século XXI.

Para acceder ao programa completo pincha aquí.

21 de maio de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.