publicidade hoxe

Pontevedra participa por vez primeira na Asamblea xeral de Civitas en Santander

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra participa por vez primeira na Asemblea xeral da Rede Civitas para España e Portugal (Civinet) que se celebrará este xoves e venres na cidade de Santander. O Goberno Local estará representado polo concelleiro Miguel Filgueira.

Segundo a programación, na xornada do xoves, celebrarase a Asamblea xeral da Rede Civitas España e Portugal onde se presentarán
proxectos relacionados con sistemas intelixentes de transporte de Smart Cities.

Na segunda xornada celebrarase o IV Foro Civinet España e Portugal, no que está ingregado Pontevedra. Nesta xornada ofrecerase a visión política do concepto Smart Cities e Mobilidade con representantes de Murcia, Lisboa, Burgos, Coímbra e Funchal. Tamén se fará unha reflexión sobre as Smart Cities e a súa aplicación no ámbito da Mobilidade.

Tamén se asinará a creación da Rede Civinet como asociación e farase unha visita técnica á exposición sobre as principais medidas de Smart Cities.

21 de maio de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.