Pontevedra fomenta a Petaca co I Campionato entre barrios e parroquias do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalPontevedra
A-
A+

O concelleiro Miguel Filgueira e o Presidente da Asociación de Amigos de Campolongo, Fernando Viéitez, presentaron esta mañá o I Campionato de Petanca Concello de Pontevedra que se inicia hoxe mesmo en distintos barrios e parroquias. O proxecto xurdiu da positiva experiencia no barrio de Campolongo, onde existe un campo para a práctica deste deporte e que acolle a ducias de afeccionados e profesionais
nas distintas competicións.

O I Campionato de Petanca pretende recuperar un xogo que gaña adeptos día a día nos barrios e parroquias de Pontevedra, e que deixou de ser
un xogo de maiores. De feito, tamén pretende facer interactuar aos distintos veciños de parroquias e barrios. Polo de agora, están inscritos neste campionato Monte Porreiro, Mourente, Salcedo, Santo André de Xeve, Eduardo Pondal e Campañó.

Nunha primeira fase, haberá partidas clasificatorias nas distintas parroquias e barrios, para elexir un representante no Campionato de Petanca.
Nesta parte clasificatoria, os participantes poderán demostrar a súa destreza e acadar un premio final.

As datas desta primeira fase de competición dependen de cada un dos barrios, aínda que todos serán celebrados no mes de maio e xuño.

Acompañando ao I Campionato de Petanca, está a construcción de novos campos de xogo. Existe un en Campolongo e outro en Santo André de Xeve, e en previsión os de Monte Porreiro e Os Areais, en Mourente.

O Concello pretende dotar de continuidade a estas actividades no presente ano, así como crear outro campionato adicado á chave, para
recuperar este xogo tradicional.

15 de maio de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.