Mosquera expón cinco novas loubanzas ao modelo de cidade pontevedrés
Pontevedra será finalista da sección de honra do Premio de xornalismo Línea Directa, que se falla no Teatro Real de Madrid o vindeiro día 12 de xuño. É unha das cinco accións relacionadas co modelo urbano que servirán para a promoción da cidade no exterior e fóron presentadas hoxe polo concelleiro de Infraestruturas, Cesáreo Mosquera.
Pontevedra competirá nesta final do Premio Línea Directa coa Asociación Española de la Carretera e co Centro Nacional de Educación Ambiental. Será na propia cerimonia de entrega, á que está convidado o alcalde Lores, donde se coñeza o nome da institución elixida polo xurado.
Outras accións anunciadas por Mosquera son a visita dunha delegación de Almada, unha cidade de 175.000 habitantes do contorno de Lisboa para estudiar o modelo urbano e de accesibilidade de Pontevedra; e a petición realizada pola recén creada asociación “Cidades e vilas pola excelencia” de que o de Pontevedra sexa o primeiro concello en adherirse a este clube, nacido do portugués Instituto da Mobilidade.
A decisión do Instituto Mexicano de Avaliación en colaboración coa Universidade Pontificia de Salamanca de nomear a Miguel Anxo Fernández Lores como un dos 5 mellores alcaldes de España foi outra das novidades expostas por Mosquera, se ben, tal como informou o concelleiro, o Concello declinou participar na cerimonia de entrega, que terá lugar en Ciudad de México o vindeiro 6 de xullo, debido ao alto custo da expedición. O razonamento que utilizan os promotores deste recoñecemento baseánse na xestión do gasto público, o escaso endebedamento, a transformación urbana
Por último, a revista NAN, especializada en arquitectura e construción e con sede en Madrid, celebrará o 13 de xuño no Pazo da Cultura unha xornada profesional dirixida a técnicos deste sector, na que dedican un capítulo especial á cidade de Pontevedra, a súa mobilidade, a evolución da cidade e a transformación que trouxo consigo a reforma urbana.