publicidade hoxe

Pontevedra felicitada por ser “Localidade solidaria co Alzheimer”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA) agradeceu nestes días ao Concello de Pontevedra a súa decisión de declararse “Localidade Solidaria co Alzheimer”, acordo acadado no Pleno de setembro do 2012.

No devandito Pleno, Miguel Anxo Fernández Lores declarou que o Alzheimer “é a demencia con maior prevalencia, que afecta en Galicia a 400.000 persoas, e que, debido ao aumento da esperanza de vida da poboación, nos próximos vinte anos verá duplicada a súa incidencia”.

A ausencia de tratamentos efectivos e de unha prevención eficaz, así como o impacto económico da doenza nas familias que o sofren, xustifican o “compromiso con este problema de primeira magnitude”, segundo se explicou no Pleno.

A iniciativa pontevedresa estimulou a adhesión de outras cidades á iniciativa, que promulga de igual forma a necesaria posta en marcha dunha Política de Estado de Alzheimer.

9 de maio de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.