Pontevedra acolle XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e representantes da Federación de Libreiros de Galicia, presentaron esta mañá a XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que se inaugurará este sábado ás 12h na Praza da Ferrería e estará aberta ata o 16 de xuño ás 21h.
Tralo rotundo éxito da Feira do Libro celebrada entre os días 22 e 26 de maio no mesmo emplazamento, a Feira do Libro Antigo e de Ocasión pretende saciar esa “fame de libros dos pontevedreses” mediante títulos clásicos e antigos, segundo afirma Antonio Fernández, coordinador da Federación.
Nesta ocasión, librarías de Alicante, Madrid, Valencia… e dúas galegas, a Libraría Cao e a Libraría Solpor, ofertarán cerca de 50.000 obras entre as que se atopan valiosos exemplares dos séculos XVI e XVII, así coma ofertas excepcionais de libros dende 1 e 2 euros.
Os apaixoados lectores e coleccionistas poderán buscar a súa obra en horario de 11h – 14h e de 17.30h a 21.30h tódolos días de semana