publicidade hoxe

Pontevedra acolle mañá as XI Xornadas da Muller da ASPG e CIG-Ensino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Pontevedra acollerá este sábado as Xornadas da Muller organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e CIG-Ensino. É a primeira vez dende a súa creación que as xornadas se celebran fora de Santiago, a petición expresa da ASPG. O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Muller que xestiona Carmen Fouces apoia estas conferencias que se impartirán a partir das 09.45 horas do
sábado nas instalacións do Casino Mercantil da praza de Curros Enríquez.

Segundo relatou a concelleira de Benestar Social, as ponencias abordarán a complexa realidade sexista das mulleres en relación coas novas
tecnoloxías. A existenza de estereotipos e roles perxudiciais xorde de igual forma nos entornos dixitais, actuando en detrimento da desexada igualdade entre homes e mulleres.

Entre as conferenciantes, figuran Luz Castro Pena (profesora na Universidade da Coruña), Ana Méndez-Irigorri Sánchez (licenciada en
Socioloxía e Psicoloxía), Teresa González Piñeiroa e Inés García Seijo (profesoras do IES da Mariña), Mª Olga Rodríguez Días (profesora de CEIP
Milladoiro de Malpica), e María Reimóndez (escritora, tradutora e intérprete).

Asimesmo, será representada unha obra teatral de carácter cómico a cargo das actrices Camila Bossa e Iolanda Muíños, nominadas aos Premios María Casares, que servirá para pechar as xornadas.

A inscripción mantén a súa gratuidade, e pode efectuarse mediante as páxinas webs das asociacións colaboradoras: CIG-Ensino e ASPG  www.aspg. com ou en www.cig-ensino.com

A Consellería de Educación homologa oito horas formativas ós asistentes, na súa maioría profesionais docentes de diversos centros de
ensino galegos.

10 de maio de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.