publicidade hoxe

Ponte Caldelas incorpora a Festa da Troita ás novas tecnoloxias a traves de codigos “QR”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas comezou xa a distribuír o cartel da Festa da Troita que contará este ano coa particularidade da incorporación dun código QR específico para Smartphones, tablets e ordenadores co fin de que calquera usuario das novas tecnoloxías reciba no seu dispositivo, de xeito inmediato, todo o amplo programa de actividades deste evento gastronómico, deportivo e social.

Esta iniciativa pretende incorporar a Festa da Troita ás novas tecnoloxías ao tempo que facilita unha maior difusión do evento aproveitando as redes sociais e a internet. Tanto o cartel como os folletos informativos editados para publicitar este evento, levarán en lugar ben visible este código QR o cal permitirá que calquera usuario poda dispoñer de xeito inmediato no seu móbil, Ipad ou ordenador toda a información precisa para estar ao día do amplo programa deseñado polo Concello de Ponte Caldelas para esta ocasión.

Segundo o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, “con esta iniciativa o que pretendemos e que a Festa da Troita acade a maior proxección local e exterior co fin de que o maior número de persoas posibles se acheguen ata o noso concello para disfrutar dunha xornada gastronómica, en harmonía coa natureza e favorecendo o lecer en familia”..

Asemade, Perfecto Rodríguez dixo que a incorporación dos códigos QR á cartelería e aos folletos informativos “é unha clara aposta do noso Concello pola modernización e por estar á altura dos tempos que nos toca vivir. Quizás sexa esta unha ferramenta non moi común para persoas de certa idade, pero hoxe os xóvenes, e non tan xóvenes, recorremos ás novas tecnoloxías para facer máis doado o noso día a día. O futuro vai por aí e Ponte Caldelas tentará manterse en vangarda e cos tempos que corren”.

2 de maio de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.