publicidade hoxe

Vilagarcía organiza unha excursión polo sur de Pontevedra e norte de Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A área de Persoas Maiores da Concellería de Traballo e Benestar organiza unha nova actividade sociocultural destina ao colectivo da terceira idade. Trátase dunha excursión dunha xornada de duración para coñecer varias localidades e puntos de interés do sur de Pontevedra e o norte de Portugal e na que poderán participar 165 persoas. A asistencia é gratuíta e o prazo de inscrición ábrese mañá, 8 de maio. A viaxe celebrarase o sábado 25 de maio.

O prazo para anotarse á excursión ábrese o mércores, 8 de maio, e rematará no momento no que se cubran as 165 prazas dos tres autobuses dispoñibles. Os requisitos para poder participar na viaxe son estar empadroado en Vilagarcía, ter 65 anos cumpridos ou ser pensionista do sistema público de pensións, ser pensionista outro tipo de do SPP ou prexubilados, en ámbolos dous casos, con 55 anos cumpridos. Se o solicitante viaxa co seu cónxuxe, non é preciso que este reúna estes requisitos. As inscricións deben realizarse na Área de Persoas Maiores en horario de oito e media da mañá á dúas e media da tarde.

Esta actividade intégrase no programa de excursións que a Concellería organiza ao longo do ano dentro do programa lúdico cultural para os maiores e co que se pretende crearse un marco de socialización para as persoas deste colectivo. Este tipo de viaxes dunha xornada son moi demandadas polos vilagarciáns, polo que dende hai xa un tempo, a Concellería freta tres autobuses para dar cabida ao maior número posibles de persoas. A viaxe é de balde, polo que os excursionistas só teñen que facerse cargo da súa manutención.

7 de maio de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.